A Xunta apoiaba a vacinación da terceira dose da vacina do Covid para os maiores de 60 anos na xuntanza da Comisión Nacional de Saúde, Neste senso, a Consellería de Sanidade vén de infomar que comenzará a citar aos cidadáns de 60 a 69 anos, unha vez estea rematado o rango de 70 a 79 anos.
“Son 395.000 persoas que recibirán a terceira dose da vacina contra o Covid nalgún dos 16 puntos de vacinación masiva da comunidade. A Comisión Nacional de Saúde Pública acordou vacinar tamén aos traballadores sanitarios e sociosanitarios. Unha medida que tamén apoia a Xunta de Galicia aínda que reitera a necesidade dunha planificación axeitada para unha maior eficacia do proceso de vacinación”, tal e como indica Sanidade.
Por outra banda, na xuntanza da comisión tamén se aproba un novo “semáforo de incidencia”. Con relación a isto, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, explicaba a abstención de Galicia, defendendo “o pasaporte covid, o uso da mascarilla, a hixiene, e a ventilación coma as ferramenta axeitadas para esta nova etapa da pandemia”.
Este novo semáforo sobre a transmisión do covid e a ocupación hospitalaria contempla os novos limiares de risco, se ben no encontro non se acordaban as medidas e restricións asociadas a cada nivel. Así, o risco baixo situarase entre os 50 e 100 casos (agora entre 25 e 50), o risco medio entre os 100 e os 300 casos (agora entre os 50 e os 150), o alto de 300 a 500 (agora entre 150 e 250) e o moi alto ou extremo a partir de 500 (agora a partir dos 250 casos).