O ximnasio do CEIP do Bolo acolle neste sábado 25 de novembro un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas que contaba coa participación dunhas 13 participantes. Desenvolvíase entre as 10h. e as 14h. durante a mañá e continuará pola tarde, entre as 16h. e 20h.
Este curso está monitorado por especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.