ConcellosÚltima horaVilamartín

Arcos (Vilamartín) celebrará as Festas de San Lourenzo os días 9 e 10 de agosto

Imaxe de arquivo da procesión de San Lourenzo antes da pandemia./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A comisión formouse case no último momento pero, finalmente, Arcos terá as súas festas patronais na honra a San Lourenzo os días 9 e 10 de agosto.

Tal e como figura no cartel, mañá mércores día 9 haberá a unha festa da auga a partir das cinco da tarde que de seguro ten moi boa acollida dada a previsión de altas temperaturas. Ese día o baile correrá a cargo do grupo musical Los Adrianos que actuarán en sesión de tarde (21:30h.) e verbena (01h.).

O xoves 10 de agosto será o día grande das festas nesta localidade do concello de Vilamartín de Valdeorras. Pola mañá haberá unha alborada con gaiteiros e ás 12:30 horas terá lugar a procesión co santo seguida da misa. Pola tarde, a partir das 17 horas haberá xogos para os nenos e despois baile coa orquestra Arizona en sesión de tarde e verbena. Na sesión de tarde haberá un sorteo de produtos.

 

Artigos relacionados

Back to top button