ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeosVilamartín

Arcos (Vilamartín de Valdeorras) rende culto ao seu patrón, San Lourenzo

 

Os veciños de Arcos (Vilamartín de Valdeorras) celebran neste xoves 10 de agosto a festa do seu patrón, San Lourenzo cuxo acto central era a procesión na que a imaxe do santo percorrías súas rúas, seguida da misa solemne concelebrada na igrexa parroquial.

 

 

Numerosas persoas participaban nesta procesión na que un grupo de gaiteiros, despois de facer a alborada, acompañaba á comitiva no longo percorrido no que, xunto a San Lourenzo, saían outra tres imaxes a hombros dos homes e mulleres do pobo, ao son das bombas de palenque.

 

 

Pola tarde, a partir das 17 horas haberá xogos para os nenos e despois baile coa orquestra Arizona en sesión de tarde e verbena. Na sesión de tarde haberá un sorteo de produtos.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button