A RúaConcellosÚltima hora

Arde a cheminea e parte do tellado dunha casa na Rúa

 

Rozando as catro desta tarde producíase un incendio nunha casa situada na avenida Barreais da Rúa, segundo informa o 112 Galicia. Ata o lugar desprazábanse de inmediato os bombeiros do parque comarcal, Protección Civil da Rúa, a Policía Local, o GES Valdeorras e a Garda Civil.

Segundo as primeiras informacións, ardía a cheminea e parte do tellado desta casa, pero non houbo que lamentar danos persoais. Malia que este inmoble está habitado, no intre de producirse o incendio non había ninguén no seu interior.

Imaxe cedida.

Artigos relacionados

Back to top button