OurenseÚltima hora

Arde un coche nun garaxe ao carón dunha nave de autocares, en Castro Cadelas

 

 

No mediodía deste sábado 12 de agosto producíase un incendio nun garaxe ao carón dunha nave de autocares en Castro Cadelas, no que “non houbo que lamentar danos persoais e tan só ardeu un turismo, practicamente na súa totalidade, sen causar tampouco máis danos materiais”, aseguran dende o 112 Galicia.

Os feitos tiñan lugar ao redor das dúas da tarde. “Foi a esa hora cando unha persoa particular informaba dun incendio nunha nave de coches situada na Avenida de Ourense, en Castro Caldelas”, explican dende o 112, engadindo que ata o lugar, acudiron de inmediato os membros do GES e os efectivos de Protección Civil de Castro Caldelas e a Garda Civil.

Os xestores de emerxencias tamén puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Valdeorras, de Ourense e do GES de Maceda, “por se nalgún momento fose precisa a súa intervención”, din dende o servizo de emerxencias que tamén informaba ao persoal de Medio Ambiente da Xunta “que desprazou ao punto un vehículo para subministrar auga e dar apoio aos profesionais de extinción que traballaban no lugar”.

Unha vez no punto, e tras controlar o lume, “os membros do GES da localidade indicaron que o que ardía era un coche nun garaxe particular, moi preto dunha nave de autocares, que non se viu afectada”, explican dende o 112 asegurando que “sobre as 17 horas o GES de Castro Caldelas daba por rematada a súa intervención”.

Artigos relacionados

Back to top button