OurenseÚltima hora

Arde un coche tras saírse da vía en Avión

 

Na madrugada deste sábado ao fío das 02:15 horas, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para informar de que “se saíra da vía na OU-03308, quilómetro 5, no concello de Avión (Ourense) e que o coche lle comezara a arder, asegurando que todos os ocupantes estaban ben e fora o vehículo”, din dende o centro de emerxencias.

Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros do Carballiño, os membros do GES de Avión e os axentes de Tráfico. Así mesmo, eran informados polo 112 os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Xa no lugar dos feitos, “os medios de extinción comprobaron que o coche ardía con forza e que as lapas se propagaban con risco de que pasaran ao monte, por iso, se pasou aviso de inmediato ao persoal do Servizo provincial de Defensa Contra Incendios da Xunta de Galicia, que acudiu con medios para atallar as lapas o antes posible”, explican dende o 112.

Malia que “o alertador indicaba que non había persoas feridas, unha vez no punto, comprobouse que un dos ocupantes do vehículo precisaba asistencia, polo que se pasou aviso ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061”, din dende o 112 Galicia, concluíndo que tras rematar a súa intervención, “os Bombeiros indicaron que se tratou dunha saída de vía e que o coche ardera na súa totalidade. Igualmente, confirmaron a total extinción e arrefriamento da zona de vexetación”.

Artigos relacionados

Back to top button