ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Arde un galpón en Viana do Bolo

 

Arredor das 13:50h. deste venres 4 de febreiro producíase un incendio urbano en Viana do Bolo, segundo os datos do 112 Galicia. Ardía un galpón situado na rúa das Carrelas da vila.

Ata o lugar desprazábase de inmediato o coche bomba do Concello de Viana do Bolo e a Garda Civil, así como o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Veiga.

O galpón ardeu por completo, pero afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais nin o lume se propagou ao monte. Segundo a información recollida no 112 Galicia, no interior do mesmo había mobles e diferentes aveños, que resultaron totalmente calcinados. Ademais, parte do teito do pendello colapsou e caeu.

Imaxes cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button