
Na madrugada deste martes 6 de maio producíase un incendio na cidade de Ourense no que ardían tres vehículos dentro do garaxe dunha casa unifamiliar, tamén afectada polo fume. Tal e como indican dende o 112 Galicia “a vivenda foi desaloxada mentres duraron os traballos de extinción e ata que se realicen os informes técnicos necesarios para coñecer as causas”.
Así o explicaban os efectivos do Parque de Bombeiros Municipal de Ourense, que acudiron a apagar o lume tras recibir no 112 Galicia a alerta do incendio, ás 4:15 horas. “O alertador era un membro da familia, que chamou ao servizo de emerxencias para explicar que acababa de producirse a explosión do motor dun dos coches gardados no garaxe da vivenda situada na rúa do Porteiro”, ata onde acudían os bombeiros da cidade, así como os axentes da Policía Local.
Por sorte e malia que o fume e a escuma da extinción alcanzaron a vivenda “ninguén resultou ferido”, aseguran dende o 112.



