A primeira hora desta tarde ardía un vehículo que estaba aparcado na céntrica rúa Estación, da vila da Rúa. Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato os voluntarios de Protección Civil da Rúa e os bombeiros do parque comarcal, se ben foi o propio propietario da furgoneta quen lograba apagar o lume cun extintor, tras ser avisado por unha persoa que circulaba pola zona.
Ardeu o salpicadeiro do vehículo rebentou a súa lúa dianteira, pero non houbo que lamentar danos persoais.
Fotos cedidas.