A RúaConcellosÚltima hora

Arde un vehículo na Rúa

 

Moito traballo tiveron hoxe os servizos de emerxencia en Valdeorras. Pola mañá mobilizábanse para atender nun aviso por fume no garaxe do Edificio Multiusos do Barco e máis tarde asistían a outro aviso dun incendio nun vehículo na rúa O Cimbro, na Rúa.

Ata o lugar dos feitos desprazábanse voluntarios de Protección Civil da Rúa, bombeiros do parque comarcal de Valdeorras, o GES Valdeorras, a Policía Local e a Garda Civil.

Fotos: AVPC A Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button