Na madrugada deste domingo 8 de setembro producíase un accidente de tráfico con feridos no Barco de Valdeorras no que se via implicado un único vehículo. Tal como indican dende o 112 Galicia en torno á 1:20 horas o vehículo caía por un desnivel na estrada do Barco a Éntoma (baixo o cemiterio) chegando a arder por completo aínda que a persoa que ía dentro non estaba atrapada, de feito “sacábana antes de que o lume fose a máis”, din.
Ata o lugar dos feitos acudían os bombeiros do parque comarcal que extinguían o lume así como o GES Valdeorras, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local do Barco e os servizos sanitarios-061.
Fotos cedidas.