A VeigaConcellosÚltima hora

Arde unha casa en Espiño (A Veiga)

 

Arredor das 18h. da tarde do venres 21 de maio iniciábase un incendio nunha casa da localidade de Espiño, no concello valdeorrés da Veiga. A esa hora varios particulares chamaban ao 112 Galicia para informar de que vían saír fume e lapas da casa e aseguraban, ademais, que non había persoas afectadas.

“Con estes datos, desde o 112 Galicia informouse aos bombeiros e aos membros do GES de Valdeorras, así como, á Garda Civil e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Nada mais chegar ao punto, os axentes da Garda Civil confirmaron que se trataba dunha casa deshabitada pero que existía o risco de que as lapas se propagasen a unha vivenda lindeira”, segundo informa o 112 Galicia.

Os medios de extinción de Valdeorras despois de varias horas de traballo conseguiron salvar un garaxe anexo e outra vivenda, que si estaba habitada, lindeira. Iso si, a casa afectada ardeu practicamente na súa totalidade, segundo indica o 112 Galicia.

Unha vez extinguido o lume, os bombeiros permaneceron no lugar ata ben entrada a madrugada para arrefriar a zona e asegurarse de que quedara todo ben apagado e sen risco de que se reavivase.

Artigos relacionados

Back to top button