ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Arde unha finca ao pé das casas na Rúa Vella

Un bo susto levaron os veciños de O Barrio, na Rúa Vella, na tarde do 13 de outubro. Nun novo día seco e caluroso con incendios forestais activos en diferentes partes da provincia, as chamas chegaban preto das casas desta zona da Rúa.

En torno ás catro e media da tarde as lapas nunha finca chea de maleza e o fume alertaban aos veciños que vían perigar as súas casas, moi próximas. “Se prende nunha isto non hai quen o pare”, aseguraban. Malia ignorar a que hora se iniciou nin o punto exacto, a vexetación seca fixo que se propagara con rapidez.

Ata o lugar desprazáronse entre outros, dous camións dos Bombeiros de Valdeorras e un do GES con sede no Barco que impediron que o incendio se estendese.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button