ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Arde unha furgoneta esta madrugada no municipio de Viana do Bolo

 

Sobre as 5:20h. horas desta madrugada, o 112 Galicia era informado dun vehículo ardendo en Viana do Bolo (Ourense). Tratñabase dun vehículo que se usaba como discoteca móbil. “De feito, foi o propietario quen chamou ao 112 para solicitar axuda. Indicaba que lle ardía a furgoneta da discoteca móbil, que estaba na OU-533, quilómetro 3”, segundo informa o 112 Galicia. En concreto, o lugar era o cruce da Bouza.

Así, con estes datos, desde o 112 pasouse aviso aos membros do GES da Gudiña, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.  “Tras extinguir as lapas, os membros do GES indicaron que ardera a furgoneta na súa totalidade, pero que puideran salvar o remolque”, citando ao 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button