En portadaÚltima hora

Ares e Fuster, na cabeza do 51 Rallye de Ourense

Miguel Fuster lidera a clasificación tralo primeiro pase polo tramo de Toén
O piloto galego Iván Ares./ Foto: Carlos G. Hervella.

Miguel Fuster e Iván Ares chegaban ao Rallye de Ourense empatados a 127 puntos na clasificación xeral do campionato de España de rallyes de asfalto 2018. No terceiro posto, o ourensán Javier Pardo con 82 puntos, no cuarto Surhayen Pernía con 77 e no quinto, José Antonio Cohete Suárez con 72, sendo o primeiro piloto en tomar a saída desta 51 edición do certame no Xardín do Posío rumbo á primeira pasada do tramo da Peroxa.

Sobre un tramo totalmente mollado, o mellor tempo desta primeira parte da carreira, foi para Iván Ares con 18:01.9, seguido por Fuster, con +9.6 e Vinyes con +22.0. Cohete saíase da estrada.

No segundo tramo, en Toén, os tempos cambiaban. Un percance de Iván relegábao da cabeza da clasificación, facendo o mellor tempo Fuster con 9:22.2, seguido por Vinyes +10.5, Pernía +13.0 e Pardo +15.7

Iván Ares, ganador do Rallye de Ourense en 2015 corre co equipo Hyundai Motor España e malia que un mal apoio do vehículo que produxo a rotura da rótula dereita da dirección, impedíu que participara no tramo clasificatorio desta mañá, é un dos favoritos desta edición do Rallye de Ourense. Tamén ten moitas opcións o alicantino Miguel Fuster demostrándoo xa en 6 ocasións. Se ganara tamén esta edición empataría con Chus Puras no palmarés do Rallye de Ourense con 7 vitorias.

 

O piloto alicantino Miguel Fuster (dereita) esta mañá en Expourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button