ConcellosO BarcoÚltima hora

Arranca a 32ª Semana de Cine do Barco coas butacas de honra para Baños Filmes e Groucho Marx

O ciclo estenderase ata o 2 de setembro no Teatro Lauro Olmo e inclúe proxección de películas, curtas e documentais

 

Dende hoxe e ata o vindeiro sábado 2 de setembro celebrarase no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, a 32ª Semana de Cine organizada polo Cine Club Groucho Marx en colaboración co Concello que mantén coma sempre o ciclo infantil (5 películas), outro de cine español e de actualidade (7 películas), incorporando como novidade a proxección de 4 documentais gratis e curtas feitas en Valdeorras.

O acto inaugural no que se descubrían as butacas de honra a Groucho Marx que dá nome ao cine club e a Baños Filmes empresa galega familar de distribución que xestiona entre outros os cines do Barco e A Rúa, tiña lugar na tarde deste venres 25 de agosto, contando coa presenza dun dos responsables da empresa homenaxeada, Pablo Baños.

 

 

O seu irmán, Emilio, que comparte nome co avó (fundador da empresa viguesa) e co pai (que seguiu coa tradición), excusaba a súa ausencia (súa muller ten Covid) a través dun vídeo onde o seu pai Emiliio Baños explicaba ao público asistente no teatro a orixe e evolución de Baños Filmes, unha das distribuidoras máis antigas de España e a única que queda en Galicia.

O acto, ao que asistía parte da corporación municipal co alcalde Alfredo García á cabeza, incluía a proxección do filme Os irmáns Marx no Oeste de Edward Buzzell [83′]. E xa a partir das 23:30 horas haberá cun concerto na praza Maior a cargo de Los Tres de la Noche.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button