En portadaÚltima hora

Arranca a IV Subida a Valdeorras, unha proba entre Viloira e Santigoso (O Barco)

 

Todo listo para o inminente inicio da IV Subida a Valdeorras que se celebra esta fin de semana no concello do Barco. A competición será na estrada OU-121 entre Viloira (saída) e Santigoso (meta) cunha distancia total de 5.350 metros, un desnivel de 302 metros e pendente media do 5,64%.

Hoxe á mañá, de 8 a 12 horas, tiñan lugar as verificacións administrativas dos equipos de competición e técnicas dos vehículos no parque pechado, no Campo da Festa. A veciñanza de Viloira seguía con expectación todo o operativo e os labores preparativos desta cita deportiva.

Ás 12:15 horas sairán os coches rumbo a Viloira coa asistencia na rúa principal e presentación dos equipos e a partir das 13 horas arrancará a primeira manga de adestramento. Despois haberá dúas carreiras oficiais.

 

 

O domingo repetirase o esquema competitivo: ás 9:30 horas iniciarase a segunda manga de adestramento e a continuación as dúas carreiras oficiais, rematando a proba coa entrega de trofeos na praza Otero Pedrayo de Viloira. Son 30 os inscritos na lista aprobada pola RFEDA para esta proba.

 

 

No operativo da proba hai seguridade da organización, dirección de carreira, disponse dun xefe de seguridade e de vehículos de seguridade, ademais de contar coa Policía Local do Barco, a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e GES Valdeorras. Dende a organización tamén explican que se conta con Ambulancias Sil, de que se está en contacto constante co 112 e de que está garantida a asistencia sanitaria en caso de que se producira algunha incidencia.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button