EconomíaEconomíaÚltima hora

Arranca no Barco a ruta do “pincho estrela dos xoves”

Pincho 13/14.

 

Co obxectivo de animar á poboación a saír de casa, crear ambiente e recuperar o concepto de “juernes”, varios locais de hostalaría barquense decidían unirse e crear unha ruta co “pincho estrela dos xoves”.

De momento son cinco os locais que cada xoves dende hoxe, ofrecerán aos clientes un pincho especial por 2 euros: Cervecería 13/14, Agarimo Tapería, Cafetería Veirasil, Café Teatro Bajo 5 e Alpha Raíces, pero tal como indican os promotores, pode unirse quen o desexe e proximamente serán máis.

Algúns locais cambiarán o pincho estrela cada semana mentres que outros manterán o mesmo. A ruta comeza hoxe, xoves 17 de novembro, e estenderase ata o 22 de decembro, en horario de 19 a 22:30 horas.

 

Pincho Agarimo.

 

Pincho Bajo 5.

 

Pincho Veira Sil.

 

Pincho Alpha Raíces.

Artigos relacionados

Back to top button