CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Arranca o curso 2022/2023 no Colexio Divina Pastora do Barco

 

No Colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras levan toda a semana preparándose intensamente para o regreso ás aulas tralo período vacacional.

Así, despois das reunións coas familias (o martes coas de Intantil e Secundaria e o mércores coas de Primaria), na mañá deste xoves 8 de setembro comezaba oficialmente o curso 2022/2023. Un curso académico marcado polo regreso á normalidade tralos dous duros anos de pandemia.

Distribuídos por cursos, dende primeira hora da mañá os cativos agardaban o momento de entrar nas súas correspondentes aulas para dar inicio ao curso, aínda que hoxe simplemente foi unha primeira toma de contacto e presentacións.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button