CulturaMúsicaÚltima hora

Arranca o “Terrasón 2020” no Barco coa actuación de “Soul & Roll”

O concerto comezou ás 23:00h, preto da Pasarela do Malecón

 

O dueto “Soul & Roll” foi o encargado de abrir o “Terrasón 2020”, un ciclo musical que forma parte da axenda de actividades culturais que o Concello do Barco prepara para este verán. A actuación daba comezo pasadas as 23:00h, preto da pasarela que comunica o Paseo do Malecón coa Área Recreativa do Salgueiral. O emprazamento foi escollido por tratarse dunha zona con varias terrazas de establecementos hostaleiros, buscando tamén impulsar e dinamizar este sector.

O dueto interpretou, en acústico, un repertorio variado de éxitos dende os anos 80 ata actualidade, de diferentes estilos musicais. Soaron versións de “Los Secretos”, “Miguel Ríos”, “Manolo García” e “Antonio Vega”, entre outros. O público permaneceu sentado durante toda actuación, ben en cadeiras proporcionadas polo Concello, ben nas terrazas circundantes pero sempre gardando a distancia de seguridade. O uso de mascarilla foi obrigatorio.

A seguinte cita do “Terrasón 2020” será hoxe, sábado 25 de xullo, con “The Morgans”, que actuarán na Praza Maior ás 23:00h. A vindeira fin de semana será a quenda de “Two in the Mirror” (1 de agosto na rúa Abdón Blanco ás 23:00h) e “Nunca Fuimos Ángeles” (2 de agosto na Praza de Viloira ás 13:00h).

Fotos: cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button