CD TrivesDeportesFútbolÚltima hora

Arrinca a competición para os benxamíns e alevíns de fútbol sala das Escolas Deportivas do CD Trives

 

Obxectivo cumprido. Coa idea de federar ás categorías benxamín e alevín de futbol sala, o CD Trives comezaba en setembro a tempada para as Escolas Deportivas, e menos de dous meses despois eses equipos estreábanse na competición.

 

 

Na xornada do domingo 5 de novembro disputábanse no polideportivo municipal da Pobra de Trives o primeiro partido oficial. Os primeiros en debutar sobre o parqué, diante dos emocionados papás, eran os máis pequerrechiños, os benxamíns do CD Trives, que compiten na 1ª Autonómica FS (Grupo 1) e que gañaban o seu primeiro partido 6-3 contra CPR Plurilingüe Luis Vives.

 

 

Unha hora despois era a quenda dos alevíns do CD Trives que tamén compiten na 1ª Autonómica (Grupo 2) e perdían 2-6 contra os de Maristas Ourense.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button