DeportesÚltima hora

Arrinca a segunda fin de semana de esquí na Estación de Montaña Manzaneda

A Estación de Montaña Manzaneda prepárase para o seu segundo gran fin de semana de esquí, aínda que o anterior só puido abrir o domingo. Ao longo de toda esta semana, a estación mantivo abertas as súas pistas, que chegaron a ser todas no día de hoxe. As boas condicións de temperatura e humidade están a permitir o funcionamento dos canóns, o que se traduciu hoxe en máis de 15 quilómetros esquiables e un espesor de entre 5 e 15 centímetros, que se tentará manter ao longo da fin de semana se as condicións seguen sendo favorables.

A última hora en canto a previsión de pistas abertas e quilómetros esquiables poderá consultarse a través das redes sociais da Estación, nas que se publicará a última hora da tarde de hoxe o parte de neve provisional e mañá, á primeira hora, o definitivo.

Os visitantes poderán gozar das instalacións da Estación en horario ininterrompido de 9:30 a 17:15 horas, aínda que o alugueiro dos equipos poderá facerse desde as 8:30 horas. Tamén estará dispoñible o telecadeira e os servizos de restauración.

 

 

Transporte lanzadeira

Como xa ocorreu o domingo pasado, durante a fin de semana habilitarase o xa habitual transporte lanzadeira, desde as 10 a 18 horas e que realizará de forma continua o percorrido entre os bungalós, os despachos de billetes e a cafetería, facilitando así os desprazamentos no interior da estación e impedindo os atascos, pois se espera que este sexa a primeira #fin# de semana forte da tempada.

Ademais de neve, quen acuda a Manzaneda atoparanse o resto de servizos da Estación abertos, a pleno rendemento e mesmo algúns renovados, como é o caso dos apartamentos, a piscina ou da oferta de restauración, ampliada e mellorada.

Tanto as novidades como o resto de propostas poden consultarse na web www.manzaneda.com.

Artigos relacionados

Back to top button