A RúaConcellosÚltima hora

Arrinca o novo curso no IES Cosme López Rodríguez, na Rúa

 

Sempre son os máis madrugadores. Antes das oito e media da mañá deste luns 11 de setembro a entrada do IES Cosme López Rodríguez, na Rúa, estaba xa abarrotada.

Minutos despois, por cursos e acompañados polos titores, os estudantes dirixíanse ás súas respectivas aulas para recibir a pertinente benvida e as directrices a seguir neste curso 2023/2024 que hoxe comeza.

No caso dos de 1º da ESO que acceden ao centro por primeira vez, eran recibidos no Salón de Actos pola propia directora, Rosario Alonso.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button