A MezquitaConcellosÚltima hora

Arte en madeira na rúa, no Pereiro (A Mezquita)

Publicidade

 

Dende hai uns días as persoas que pasan polo Pereiro (A Mezquita) poden ver unha lograda escultura en madeira dun tractor situada nunha das súas rúas. Foi realizada por un veciño e carniceiro nesta localidade, Diego, a quen nos seus ratos libres lle gusta tallar a madeira.

 

 

De feito, este singular tractor, ao que non lle falta detalle, está situado nas proximidades da súa carnicería. Tamén está moi preto dun restaurante cuxos clientes, sorprendidos, fanse numerosas fotos xunto a esta peza. A intención do seu autor é continuar e, de feito, xa está traballando no que sería o seu remolque.

Fotos cedidas.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button