A MezquitaConcellosÚltima hora

Dez persoas feridas, de carácter leve, nun accidente de tráfico na A-52, na Mezquita

 

Ata dez persoas resultaban feridas, das cales tres tiveron que ser trasladadas, nun accidente de tráfico que se producía na mañá deste xoves 26 de decembro no quilómetro 115 da A-52, na Mezquita, tal como indican dende o 112 Galicia que rexistraba o incidente pouco antes das 11 horas, “momento no que se tivo constancia do suceso a través do sistema de emerxencia eCall, instalado nun dos dous vehículos implicados”.

Decontado, desde o CIAE 112 Galicia informaban ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES da Gudiña, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Mezquita.

“Os medios que se desprazaron ata a zona indicaron que houbera un total de 10 feridos, aínda que todos de carácter leve. Porén, tres dos implicados tiveron que ser trasladados polo persoal sanitario logo de prestar asistencia no punto”, aseguran dende o 112.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button