Na tarde deste luns 15 de xaneiro producíase un incendio nunha vivenda na Mezquita, cuxo propietario tiña que ser evacuado por síntomas de inhalación de fume.
Segundo a información recollida polos xestores do 112 Galicia “ao fío das 13:30 horas, unha vivenda ubicada na rúa Alegría na parroquia de Chaguazoso estaba envolta nun incendio”. Deseguido, desde o 112 Galicia pasaban o aviso aos GES da Gudiña, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes da Garda Civil e aos membros de Protección Civil da Mezquita.
Unha vez no punto, os servizos de emerxencia desprazados confirman ao 112 Galicia que “ardeu o interior da cheminea da vivenda, e debido a isto, o dono do inmoble tivo que ser trasladado polo persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia por síntomas compatibles con inhalación de fume”.
Fotos cedidas.