CulturaCulturaÚltima hora

Artesanía, cine, fotografía ou contos, no “Verán cultural” de Parada de Sil

 

O Concello de Parada de Sil, no corazón da Ribeira Sacra ourensá, conta cunha variada programación neste verán tan atípico. Son unha chea de propostas moi variadas e nas que se aposta por manter as medidas de seguridade sanitarias. Os actos principiaba en xullo co VIII Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil, continúa cun pasarrúas de Brássica Rapa, así como coa feira de artesanía.

A programación continuará en agosto con propostas como o “Pulpiño Viascón-A organeta” o día 8, con cine coa proxección ao aire libre de “María Solinha” o día 11, con obradoiros, actuacións, contos, etc.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button