EconomíaEconomíaÚltima hora

Artesanía en vivo na zona vella do Barco

 

Dende fariña de castañas e licores tradicionais, pasando por mel e outros produtos relacionados coa apicultura, ata artesanía en madeira, lousa, prata, coiro, etc. A zona vella do Barco acolle nesta fin de semana a I Feira de artesanía Porto da Barca-rúa Real, na que ademais de exposición e venda de produtos tamén poden verse demostracións de traballos en madeira e pedra.

 

 

A mostra, promovida dende a Concellería de Turismo do Barco, poderá visitarse ata as 21h. deste domingo 12 de xuño e faise coincidir coa Festa do Casco Vello.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button