EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Artesanía, produtos locais, espectáculos infantís, música e degustacións, na zona vella do Barco

Nesta fin de semana estase a celebrar con éxito a II Feira do Porto da Barca e a V Festa do Casco Vello

 

Multitude de persoas de todas as idades percorrían esta tarde os expositores da segunda edición da Feira de produtos locais e artesanía do Porto da Barca, no Barco, que desta volta mudaba o seu escenario para situarse na praza de San Mauro neste 17 de xuño. Esta iniciativa enmárcase dentro da celebración da V Festa do Casco Vello.

Dende debuxos a plumiña, artesanía en coiro e madeira, pasando por aceite de oliva, bicas, castañas ou licores. Eran multitude de produtos os que podían mercarse nos 13 postos de artesáns e produtores locais da mostra, que pechará as súas portas ás 23h.

 

 

Degustacións e venda de produtos que se complementaba con actividades de lúdicas como as actuacións de Guti Malabarista, a partir das sete, e de Trío de Tres, que facían as delicias, especialmente, dos máis pequenos nunha praza Maior ateigada de público.

Ademais, eran moitas as persoas que dende as oito da tarde percorrían os postos dos bares instalados na mesma praza Maior (Excalibur, O Buraco, Agarimo, Veira Sil e 13/14). E, ademais, cunha suculenta novidade: a 1ª Festa da Empanada de Valdeorras, co que pretende exaltarse a gran variedade de elaboracións deste tipo que existen na comarca. As propostas, segundo os bares, serán as seguintes: empanada de calamares (O Buraco), empanada de maravallas e de polo (Agarimo), empanada de bacallau (Excalibur), empanada de carnes (13/14) e empanada batallón (Veira Sil).

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button