Escultura, pintura, fotografía, gravado… Unha vintena de artistas de diferentes disciplinas e de puntos de España amosarán as súas obras na exposición colectiva “Artsorey 2022”, que se inaugurará mañá venres 27 de maio ás 20h. no Pazo Torrado de Cambados. A mostra, está comisariada polo barquense Gerardo Rodríguez Ramos “Chere” e por Domingo Tabuyo, e poderá visitarse ata mediados de xuño.
Nela poderá verse obra de creadores valdeorreses como Rafa Yáñez (fotografía), Pablo Framiñán (pintura), Acevedo (fotografía) e o propio Chere (escultura e pintura).


Tamén expoñen coñecidos artistas da provincia de Pontevedra como Arenaz, Susana Ferradás, Uxío López, Carmen Hermo e Alberto Pena, entre outros. No caso de Susana Ferradás o seu gravado pretende intentar meter dentro da sala de exposicións un mural que realizou nunha parede de Cambados e que pronto se inaugurará.
O título da mostra é “Primaverarte”, é “como un xeito de celebrar a volta de la primavera, de xuntarnos de novo amigos e artistas e celebrar a normalidade”, adianta Chere.
Fotos cedidas.