OurenseÚltima hora

As administracións coordinan recursos para manter a seguridade nas estradas no inverno

Representantes de diferentes organismos reuníanse na Subdelegación do Goberno en Ourense para abordar este tema
Reunión da “Comisión de Coordinación Provincial para a seguridade viaria en situacións meteorolóxicas extremas”.
Reunión da “Comisión de Coordinación Provincial para a seguridade viaria en situacións meteorolóxicas extremas”.

A “Comisión de Coordinación Provincial para a seguridade viaria en situacións meteorolóxicas extremas” reuníase na mañá do 17 de novembro na Subdelegación do Goberno co obxectivo de coordinar medios e actuacións que garantan a seguridade vial dos condutores nesta época invernal de metereoloxía adversa. A comisión estivo co-presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e polo delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez. Á reunión tamén asistían representantes da Deputación de Ourense, das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Agrupación de Tráfico, Estradas do Estado en Ourense, Protección Civil e membros da FEGAMP.

O subdelegado do Goberno valorou positivamente este tipo de reunións, “que fan que os distintos organismos que temos competencia na seguridade vial da nosa provincia saibamos dos medios que dispomos para previr e atallar os problemas das estradas nos meses de outono e inverno onde as situacións de risco son maiores.”. Mantendo este tipo de xuntanzas, engadiu Castro, “estamos a valorizar recursos e esforzos de cara a un mellor e máis eficaz servizo á cidadanía”.

Para a rede de estradas do Estado en Ourense, que abrangue un total de 514,85 quilómetros, establecéronse os seguintes dispositivos: 20 camións quitaneves, 4 palas cargadoras, 3.294 toneladas de sal e 70.000 litros de salmoira. No caso da Xunta de Galicia, esta administración conta na provincia para labores de vialidade invernal cos seguintes medios propios: 8 camións quitaneves 4×4, 4 follas quitaneves e 10 esparexedores de sal.

Ademais os vehículos e maquinaria prevista e adscrita á vialidade invernal (Deputación) son 49 unidades: 7 Quitaneves cuchilla, esparcidor automático de sal e algúns GPS, 3 pick-up con cuchilla, 7 camións con distribuidor de fundentes, 11 palas mixtas, 6 motoniveladoras, 2 cargadoras de rodas e 13 vehículos (celadores e vixiantes). Os almacéns de sal contan cun acopio inicial de 1.890 toneladas

Artigos relacionados

Back to top button