
Na tarde deste martes 8 de abril producíase un accidente de tráfico na vila da Rúa no que se vían implicados dous turismos. Os feitos producíanse en torno ás 16:15 horas na céntrica rúa Arnaveca onde chocaban dous coches.
Ata o lugar desprazábase a Policía Local da Rúa, membros de Protección Civil da Rúa e O GES Valdeorras. Tamén acudía unha ambulancia do 061 que levaba a dúas persoas ata o Hospital Público Valdeorra para observación “sen lesións aparentes”, tal como indican dende os servizos de emerxencia.

Fotos cedidas.



