Galerías de fotosÚltima hora

As amas de casa do Barco despiden o curso coa homenaxe a unha das socias

Teté recibía un ramo de flores e unha placa no decurso da merenda-cea celebrada o 1 de xullo

Como cada ano, a asociación de amas de casa do Barco O Teixadal, celebraba o final de curso cunha suculenta merenda-cea no local social do Chao, pero nesta ocasión con varias actividades e unha sorpresa.

Despois da cea, a base de churrasco e doces caseiros, as amas de casa sorprendían a unha das socias cunha homenaxe. Por todo o tempo que leva na asociación “e todo o que leva traballado por ela, sempre activa e disposta a botar unha man”, din as súas compañeiras, entregábanlle un ramo de flores e unha placa.

 

Teté foi a protagonista da noite.

 

Ese foi sen dúbida o momento máis emotivo dunha noite que incluíu música e exhibicións de baile, do propio profesor do curso e tamén de dúas rapazas que arrancaron son sevillanas.

O Teixadal clausuraba así un curso no que ademais das diferentes celebracións (magosto, San Xoán, Nadal,…) se deron clases de bailes de salón, de sevillanas, de punto canario e de restauración.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button