ConcellosÚltima hora

As antenas colectivas de TDT deberán adaptarse nos 92 concellos ourensáns antes do 20 de xuño

O motivo é a nova fase do proceso do Segundo Dividendo Dixital que afecta a toda a provincia

 

Está en marcha dende o 17 de febreiro o cambio de frecuencias de Televisión Dixital Terrestre (TDT) nos 92 municipios de Ourense. Así o sinalaban esta mañá en rolda de prensa o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, e o xefe provincial de Inspección de Telecomunicacións do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Enrique San Martín González.

“Durante este cambio de frecuencias, co fin de facilitar a transición e minimizar o impacto para a cidadanía, as cadeas de televisión emitirán simultáneamente a través das frecuencias nova e antiga (simulcast) antes de proceder ao cese desta última a finais de xuño de 2020. Neste período, nos edificios de tamaño mediano e grande tense que adaptar a súa instalación de antena colectiva de televisión para poder seguir vendo as canles nestas novas frecuencias destinadas para eles”, segundo informaban.

Emilio González Afonso tamén apuntaba que os cambios nesta nova fase do proceso do Segundo Dividendo Dixital afectan ao total dos municipios da provincia de Ourense. Así no conxunto da provincia aproximadamente 7.600 edificios comunitarios de tamaño mediano e grande (nos que residen case 124.900 personas) deberán adaptar a súau instalación de antena colectiva de televisión para poder seguir vendo as canles de TDT.

Axudas públicas

Co fin de minimizar o impacto  deste proceso sobre a cidadanía, o Consello de Ministros aprobaba mediante Real Decreto o pasado 21 de xuño de 2019 a concesión directa de subvencións ás comunidades de propietarios afectadas, por un valor total de 145 millóns de euros, xestionadas pola empresa pública Red.es. A contía da subvención oscila entre 104,3 € e 677,95 € por edificación, en función da infraestrutura previamente instalada no edificio.

As solicitudes de axudas poderán presentarse online ata o 30 de setembro de 2020, tras haber realizado previamente a adaptación das instalacións de recepción do sinal de TDT.

Máis información:

http://www.televisiondigital.es/ e nos teléfonos 901 201 004 e 910 889 879.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button