ConcellosO BarcoÚltima hora

As Asociacións de Mulleres Rurais de Valdeorras xúntanse no Pazo do Castro (O Barco)

 

Cada edición é unha asociación a que se encarga da organización e se o ano pasado era a de Arcos, neste 2024 era a de Veigamuíños (O Barco) a organizadora da xuntanza de Asociacións de Mulleres Rurais de Valdeorras, con motivo do 8M (Día Internacional da Muller).

 

 

O xantar conmemorativo tiña lugar no mediodía deste sábado 9 de marzo no Pazo do Castro (O Barco) reunindo a un cento de mulleres das asociacións de Córgomo, Arcos, Éntoma, Viloira, A Veiga e Veigamuíños.

Carmela García, membro da directiva da asociación anfitrioa, era a encargada de ler o manifesto a prol da muller e de seguido comezaba o xantar.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button