A RúaConcellosÚltima hora

As asociacións San Cristóbal, Sabugueiro e veciñal de Fontei únense para decorar A Rúa neste Nadal

 

Cada vez queda menos para o Nadal, por iso dende a Asociación San Cristóbal levan xa un tempo planeando a mellor decoración para A Rúa. “Encántanos ver o pobo cheo de luces, cores e alegría e este ano máis que nunca, ímolo facer”, aseguran dende a asociación a través das redes sociais, adiantando que despois da pandemia e de estar parados tanto tempo queren facer partícipes a todos os veciños.

“A Asociación San Cristóbal en colaboración coa Asociación Sabugueiro e a Asociación de Veciños de Fontei, imos facer este Nadal absolutamente incrible”, din, engadindo que decidían xuntar forzas para poñer o pobo bonito, “para que o primeiro Nadal normal despois da pandemia deixe pegada, para que cada esquina sexa digna dun post de Instagram, e sobre todo para que cada neno deste pobo, e dos que veñan, vivan o Nadal con ilusión e un sorriso de orella a orella”.

Para iso, lembran que dende o 2 de novembro están traballando no Campogrande, no baixo do antigo DyD de 17 a 20 horas “por se queredes botar unha man, colaborar con este proxecto, e por se queredes facervos socios. Necesitámosvos para poder seguir facendo cousas como esta e que vos sintades orgullosos de pertencer á Rúa”, aseguran.

Dende logo alí estaban uns cantos veciños na tarde deste luns 14 de novembro, pintando e poñendo a punto diferentes elementos navideños que máis tarde decorarán as rúas da vila.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button