DeportesGalerías de fotosÚltima hora

As bancadas de Calabagueiros énchense de afeccionados no C.D. Barco-Porriño C.F.

Tras esta vitoria (2-1), o conxunto barquense prepárase para a visita ao segundo clasificado, o Bergantiños

Cada tempada, na recta final da liga, o Centro de Deportes Barco convida aos rapaces das comarcas de Valdeorras, Terras de Trives, Viana do Bolo e Quiroga a un partido en Calabagueiros. Baixo o lema “O noso futuro é o teu presente”, con esta iniciativa xurdida hai uns anos o club busca crear afección, en especial entre os máis novos da zona, repartindo en colaboración co Barco CCA unhas 3.000 entradas.

Nesta tempada 2018/2019 na que o equipo barquense loita por entrar no play off, o partido elixido era o C.D. Barco-Porriño Industrial C.F. disputado na tarde do 28 de abril no campo de Calabagueiros, once se reuniron centos de afeccionados que enchían as bancadas animando ao equipo nunha soleada tarde.

 

O xogador do C.D. Barco salta para controlar o balón en Calabagueiros.

 

O Barco de Manolo Pérez chegaba ao encontro dende a sexta posición, coa meta posta no cuarto posto, mentres que o equipo do Porriño facíao dende o último posto da liga, coa necesidade de puntuar para deixar de ser o faroliño vermello da competición. Quizais por iso, os pontevedreses eran os primeiros en marcar xa no minuto 10 da primeira parte aínda que Juanito tardaría apenas cinco minutos en lograr o empate. O descanso chegaba co 1-1 no marcador e non sería ata o minuto 49, nada máis comezar a segunda parte, cando Adrián sentenciaba o encontro co 2-1 final.

Con este resultado, o conxunto vermello sube un posto, ata o quinto, empatado a puntos co sexto, a UD Ourense. A seguinte cita será no campo de As Eiroas (Carballo) para enfrontarse ao segundo clasificado, o Bergantiños.

 

O dianteiro barquense despexa o balón cara a portería do Porriño.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button