OurenseÚltima hora

As Burgas ilumínanse co motivo do Día Mundial do Síndrome de Down

 

No acendido das luces das Burgas, dentro dunha iniciativa conxunta do Xacobeo 21 e Down Ourense co gallo do día mundial do Síndrome de Down (o vindeiro luns, 21 de marzo), participaba esta noite o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

Deste xeito, este fin de semana, incluirase nos monumentos que están a ser iluminados con motivo do Xacobeo nas grandes cidades a imaxe que simboliza a Síndrome Down xunto coa frecha do Xacobeo. Así, as Burgas en Ourense, a Torre de Hércules na Coruña, a Casa da Concello de Ferrol, a igrexa de San Francisco en Pontevedra, a Catedral de Lugo e a Torre do Reloxo da Catedral de Santiago permanecerán iluminados toda a fin de semana desde as 21,00 horas de hoxe, xoves.

 

 

En decembro de 2011, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 21 de marzo Día Mundial da Síndrome de Down. Con esta celebración, a Asemblea Xeral quere xerar unha maior conciencia pública sobre a cuestión e lembrar a dignidade inherente, a valía e as valiosas contribucións das persoas con discapacidade intelectual como promotores do benestar e da diversidade das súas comunidades. Así mesmo, quere resaltar a importancia da súa autonomía e independencia individual, en particular a liberdade de tomar as súas propias decisións.

Artigos relacionados

Back to top button