DeportesÚltima hora

As cadetes do CV Ribeira Sacra sitúanse entre as 8 mellores de España

As galegas pasan a cuartos de final do campionato tras vencer a Xátiva
As cadetes do CV Ribeira Sacra coa bandeira de Galicia.

Imparables. Así comezaban as xogadoras do Club Voleibol Ribeira Sacra o campionato de España que se está desenvolvendo en Castellón. Vencían 3-1 ao Club Adecor de Andalucía, no seu primeiro partido e repetían resultado, desta volta contra o equipo de Murcia, situándose entre os dezaseis mellores equipos de voleibol feminino de España. No último partido de grupos, perdían 3-0 contra Cecell pero conseguían clasificarse para a seguinte fase e só 24 horas despois, metíanse en cuartos de final do campionato ao vencer 2-3 ás campionas valencianas do Xátiva, no partido disputado hoxe.

As lucenses comezaron dominando o partido e levándose os dous primeiros sets 25/20 e 27/25, remontando un resultado desfavorable de 15/24. Nos dous seguintes perderon intensidade e serían para as valencianas 22/25 e 13/25 pero as do Ribeira Sacra botaron man de garra e lograban impoñerse no quinto 15/12, levándose a vitoria que as coloca entre os oito mellores equipos de España.

O próximo partido, contra outro gran rival, o Soller de Mallorca, xogarano mañá sábado 16 de xuño ás 20:30h.

Artigos relacionados

Back to top button