CulturaCulturaÚltima hora

“As caras do Entroido ourensán” na Sala de Exposicións de Verín

A mostra poderá verse do 18 de xaneiro ao 17 de febreiro de luns a venres de 17 a 21h. e os sábados de 10 a 14 e de 17 a 20:30h.
Cigarrón de Verín.

A Sala de Exposicións de Verín acollerá dende mañá 18 de xaneiro e ata o 17 de febreiro, a mostra “As caras do Entroido ourensán. Senlleiro e ancestral”.

José Manuel Sánchez retrata nesta serie de 22 acuarelas as máscaras máis relevantes da festa coa que tradicionalmente se celebra o paso do inverno á primavera. O Labardeiro de Mugares”, o Galo da Mezquita (A Merca), o Irrio de Castro Caldelas, o Troiteiro de Bande, os felos de Esgos e Boborás; os boteiros de Viana do Bolo e Vilariño de Conso son algunhas das máscaras seleccionadas, entre as que se encontra o Cigarrón de Verín.

A exposición, monográfica e concibida para a itinerancia, foi presentada no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense). Xa estivo no Museo do Entroido en Xinzo de Limia e no Castelo de Maceda e agora exhibirase en Verín durante todo o ciclo del Entroido verinense, tendo previsto continuar percorrendo as vilas ourensás.

A Sala de Exposicións de Verín abre de luns a venres de 17 a 21 horas e os sábados e 10 a 14 e de 17 a 20:30 horas.

Artigos relacionados

Back to top button