DeportesGalerías de fotosÚltima horaVídeos

As categorías base abrían a XXXIV Milla Urbana do Barco, unha auténtica festa do atletismo

 

Os atletas máis novos eran os primeiros en competir no circuíto da XXXIV Milla Urbana do Barco a partir das 18h. do domingo 11 de setembro. A competición cobraba vida coas carreiras dos Sub10, cunha ampla participación e que cubrían unha distancia de 268 m. Na carreira feminina impoñíase a barquense Paula Crespo (Adas Cupa), segundo segunda Irina Sánchez e terceira Leire Gil. En categoría feminina vencía Unai Núñez, que entraba en meta seguido de Kevin Giménez (Adas) e de Samuel González (Club Xuncas Diversia).

A continuación, tomaban a saída os Sub12 que corrían 536 m, onde o ganador masculino era o atleta de Manzaneda José Hervella (Adas), sendo segundo Sergio González e terceiro Brais Rodríguez. En categoría feminina vencía Estefanía Rodríguez, entraba segunda Celia Nieto (Teleno) e terceira Irma Rodríguez.

 

 

Ás 18:20h. comezaban as carreiras Sub14, xa cun percorrido de 1.072 m. Os tres primeiros clasificados nesta competición eran Matheo Rodríguez (A Gándara), quen se facía co triunfo, mentres que Saúl Crespo e Mateo Valcarce, do Adas, eran segundo e terceiro, respectivamente. Na proba feminina ganaba Nicoll Sánchez, Emma Fernández era segunda e Iztiar Gerboles terceira, as tres son atletas do Club Adas.

 

 

Na carreira dos Sub16 (1.072 m) facíase co título en categoría masculina Iker Fernández (A Gándara), en segunda posición clasificábase Mauro Alexandre García e na terceira Víctor Delgado. Na proba feminina vencía Carla Vázquez (A Gándara), seguida de María Ulla (Asociación Deportiva Car) e de Uxía Salvador (Adas).

 

 

Finalmente competían os Sub20/18 masculinos, xa na distancia de 1.609 m, onde dominaba Pablo Ulla (Adas), quedando segundo Rodrigo Armesto (Sociedad Atlética Val Miñor) e terceiro Yago Daniel Río.

 

 

O apartado de atletas da base completábase arredor das 19:20h. con algunhas das carreiras máis esperadas, as dos nenos e nenas de 6 e 7 anos, as dos cativos de 4 e 5 anos e as dos meniños e meniñas de 3 anos ou menos. Nesta categoría o Periódico O SIL entrega un trofeo á primeira nena e ao primeiro neno, desta volta Teo e Daniela.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button