DeportesÚltima hora

As categorías da base tamén celebraban a súa Carreira dos Santiños no Barco

Publicidade

 

Ademais da proba popular dos adultos, nesta 14ª Carreira dos Santiños do Barco tamén había espazo para os máis pequenos. Así as categorías da base competían nas pistas de atletismo de Calabagueiros nunha serie de carreiras por categorías que se iniciaban ás 12h. As primeiras en tomar a saída eran as corredoras da categoría Sub14, seguidas dos nenos Sub12 e despois dos Sub12, Sub10 e prebenxamíns.

Nestas probas había, ademais de atletas do Adas, unha notable presenza dos atletas das Escolas Deportivas de Trives, da Rúa e do CEIP Bibei de Viana do Bolo.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button