EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

As cestas da campaña de Nadal do Barco CCA xa teñen ganadores

 

No marco da intensa campaña de Nadal que está a desenvolver desta volta O Barco Centro Comercial Aberto (CCA), vén a dar a coñecer os nomes das ganadores das cestas que se sorteaban. Así, a cesta 1 caía na Xoiería Víctor, en concreto correspondíalle a Patricia Vales. A cesta 2 era para unha clienta de Tríos 2.0, Pili; a cesta 3 ía parar á Librería Yoli e a agraciada era Olga Fernández, mentres que a cesta 4 ía para Eneska e correspondíalle a Modesto Garrido.

 

 

Polo de agora, entregáronse dúas destas cestas e faltan as dúas restantes, se ben os ganadores xa están avisados.

 

 

Por outra banda, tamén se procedía ao sorteo das cartas de Papá Noel e a ganadora é Uxía. “Só nos faltan os 2 vales del tiovivo que aínda está operativo a fin de semana”, explican dende o CCA, que expresa os seus parabéns aos ganadores e agradece a participación.

 

https://youtube.com/shorts/0KZysG8Q6qw?feature=share

Fotos e vídeos cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button