A RúaConcellosEn portadaEntroido 2025Galerías de fotosÚltima horaVídeos

As Comadres brillan con luz propia na Rúa

 

Coma sempre, coma nunca. As comadres da Rúa non fallan e na noite do xoves 27 de febreiro volveron brillar con luz propia con orixinais e elaborados disfraces, coidadas coreografías e moitas ganas de diversión.

 

 

Primeiro polos bares e rúas da vila, poñendo en escena o ensaiado (aquí o espectáculo do grupo Locomía facía vibrar á xente) e despois no Casino da Rúa, centos de mulleres desfrutaron da súa noite logo de deixar voar a imaxinación.

 

 

Había fadas, seres extraterrestres, vellas, bebés,… tamén personaxes de cine e moito dos anos 80. Incluso estaba Wally (dobre) escondéndose entre a xente e aparecendo de xeito inesperado nas fotos.

 

 

Entre copas, comida, bailes e moita música, A Rúa vivíu por todo a alto a súa Noite de Comadres.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button