ConcellosEntroido 2022QuirogaÚltima horaVídeos

As comparsas enchen de cor e son o Domingo de Entroido en Quiroga

 

Personasxe de contoss infantís, tunos, astronautas, mostruos,… Diversas e orixinais eran as temáticas escollidas polas comparsas e disfraces que na tarde deste 27 de febreiro, Domingo de Entroido, paseaban pola vila de Quiroga nun desfile que saía dende a Rúa Piscinas e, tras dirixirse cara a rúa Real, remataba fronte ao Concello.

 

 

En total participaban tres comparsas, dous folións e un disfraz individual, superando en conxunto os duascentos participantes no desfile. Ao remate do desfile, o Concello de Quiroga tiña programado un baile de disfraces, amenizado pola charanga Os Caliqueños, e unha gran chocolatada para todos os asistentes, na Rúa Real.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button