En portadaÚltima hora

As DD.OO. Ribeira Sacra e Valdeorras, en terceiro e cuarto posto na Guía Peñín

A nova edición desta publicación recolle unhas puntuacións de 90,67 e de 90,63, respectivamente

 

Durante unha cata.

 

As Denominacións de Orixe Ribeira Sacra e Valdeorras sitúanse en terceiro e cuarto posto na nova Guía Peñín. Así, as puntuacións destas denominacións ourensás foron de 90,67 e 90,63, respetivamente.

Xerez – Manzanilla de Sanlúcar de Barrameda mantense, un ano máis, como a D.O. máis valorada con 92,35 puntos de media, seguida de Montilla- Moriles con 91,07 puntos. Ás DD.OO. Ribeira Sacra e Valdeorras séguenlle  Priorat (90,47), Rías Baixas (90,26), Bierzo (90,01), Ribeiro (89,96), Ribera del Duero (89,84) e Montsant (89,91).

 

Puntuacións.

 

Para esta edición a D.O. Ribeira Sacra presentou 57 mostras de 20 adegas. Así, 31 destas mostras correspondían a viños tintos, 12 a brancos, 13 a tintos en barrica e 1 a viño rosado.

Pola súa banda, cabe destacar que un godello valdeorrés acadou a máxima puntuación desta guía, con 99 puntos. É o caso do Sorte O Soro 2016 da Adega Rafael Palacios, no Bolo, o cal “representa a culminación dunha vida dedicada á elaboración de brancos universais e planetarios” segundo a Guía Peñín.

Máis información sobre o godello Sorte O Soro 2016 en: https://osil.info/un-godello-valdeorres-recibe-a-maxima-puntuacion-da-guia-penin/

Artigos relacionados

Back to top button