ConcellosÚltima hora

As doazóns á campaña de apoio aos afectados polo incendio só poden facerse, por agora, en conta bancaria

O GEM Águilas Verdes, AEVA e O Barco CCA matizan que nestes momentos non está operativo Bizum por problemas técnicos

Publicidade
Representantes do GEM Águilas Verdes, do CCA e de AEVA na presentación desta campaña solidaria./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

As doazóns á campaña solidaria de apoio aos afectados polo incendio en Valdeorras, impulsada polo Grupo de Espeleoloxía e Montañismo Águilas Verdes (en colaboración coa Asociación de Veciños O Regueiral de Rubiá) e á que sumaban O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) e a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA); non poderán facerse polo de agora por Bizum.

Así o anunciaban estas entidades esta mañá a través dun comunicado. “Problemas técnicos internos da entidade Abanca impiden habilitar BIZUM na conta solidaria aberta para recadar fondos para os damnificados polos incendios que perderon a súa primeira vivenda.
Esperamos a resolución desta incidencia á maior brevidade posible, e informaremos en canto estea operativa”, explicaban.

Isto significa que as aportacións a esta campaña (cuxo prazo de doazóns estará aberto ao público do 3 ao 31 de agosto) só poderán realizarse a través de ingresos na conta de Abanca co número ES69 2080 0405 4230 4004 4500.

Artigos relacionados

Back to top button