ConcellosÚltima hora

As empresas do Clúster da Pizarra de Galicia colaborarán na reconstrución de vivendas afectadas polo lume en Valdeorras e noutras zonas galegas

A colaboración aplicarase de forma especial naqueles núcleos produtores de lousa que foron afectados polo lume, tales como os municipios de Carballeda de Valdeorras, O Barco ou Rubiá, pero tamén en Quiroga e O Courel

Casas afectadas polo lume de xullo na Veiga de Cascallá (Rubiá)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Clúster da Pizarra de Galicia vén de anunciar que se suma ás entidades e colectivos que anunciaron medidas e accións para axudar aos damnificados polo lume que afectaba este verán a Valdeorras, pero tamén a outra zonas produtoras de lousa. Deste xeito este organismo empresarial “reafirma o seu compromiso e implicación coas comarcas onde desenvolven a súa actividade a través dunha iniciativa encamiñada a axudar a aqueles que afronten a rehabilitación, recuperación ou construción das súas vivendas, tras o azoute do lume”.

Así mesmo o Clúster considera que os “incendios rexistrados principalmente no mes de xullo provocaron que moitas persoas e familias visen destruídas parcialmente as súas casas ou, mesmo, as perdesen directamente. Vivendas que agora deberán ser recuperadas. Por este motivo, as empresas integradas neste clúster anuncian que colaborarán con aquelas persoas que teñan que asumir a reparación ou construción da súa vivenda e utilicen lousa no proceso e todo iso en total coordinación e colaboración cos alcaldes dos municipios afectados”.

A colaboración aplicarase de forma especial naqueles núcleos produtores de lousa que foron afectados polo lume, tales como os municipios de Carballeda de Valdeorras, O Barco ou Rubiá, pero tamén en Quiroga e O Courel, entre algúns outros. A colaboración pode abarcar desde importantes bonificacións nos produtos que comercializan as empresas produtoras de lousa a cualquieras outras medidas que sexan necesarias, con iso o sector pretende axudar de forma directa aos damnificados pola vaga de incendios.

Artigos relacionados

Back to top button