
A Asociación Sociocultural San Cristóbal da Rúa ten en marcha unha nova edición do CarnaVrao. O programa arrincará este venres 5 de xullo coa Cea Popular ás 22:30 horas na rúa Doutor Vila onde se sortearán 500 euros. As entradas (25 euros) están á venda ata o 3 de xullo na tenda do butano e a reservas de mesa debe ser para un mínimo 6 persoas.
O sábado día 6 de xullo será o gran desfile de comparsas do CarnaVrao 2024 que sairá dende o Campogrande ás 20 horas. E xa o mércores día 10 terá lugar a celebración na honra a San Cristóbal con misa solemne ás 20:30 horas na igrexa de Fontei e posterior procesión de coches dende Fontei, pasando por Petín e rematando en San Roque.



